
Neapolitan boy by Rino Palma
Na praza da vella Siena, Francesco cedeu á petición da súa irmá Marizzia, fotografouna para o recordo, naquel mes de xaneiro no que facía un frío que mancaba. Acaíalle ben a bufanda a cadros, favorecíaa. E aquela mecha caéndolle sobre a fronte…
A boa fada acompañara a Marizzia. Ao saír da clínica, logo do diagnóstico favorable, quería lembrar o desexo de dar pulos de ledicia. Lembrar o intre en que as pequenas inquedanzas do día a día pasan a un último plano, xa non importan. A insensatez das pequenas-grandes preocupacións.
O mozo ollábaos co aire indiferente da adolescencia, sen decatarse do que aínda había aprender co tempo.
esa situación é unha na que todos comprendemos o verdadeiro significado de:
” o que importa é ter saúde ”
Grazas polo comentario. Resulta moi enriquecedor saber o que lles suxire aos “navegantes” o que un escribe. É o primeiro texto no que tento crear unha ficción, e escribíndoo lembraba un día no que, ao saír dunha revisión, saín feliz porque todo estaba ben. E o ceo, efectivamente, pode deixar de estar gris.
Ás veces un observa a vida darredor coma se estivera dentro dunha burbulla, illado nas preocupacións, mirando o de fora con sorpresa de que a xente ría, se enfade por nimiedades… pero cando un se descarga, todo volve a ter cor e sentido, e esquece ese mundo gris.