BALEA

A balea azul é o máis grande de todos os animais, alcanzando os 30 metros de lonxitude na súa etapa de adulto. trátase dun mamífero acuático, pertencente ao grupo dos cetáceos.

Ademais do seu gran tamaño presentan un peso de 190 toneladas, posúe unha coloración azulada menos no ventre que é dun ton amarelento ou grisallo.

Como a grande maioría das baleas, esta subespecie atópase ao borde da extinción debido á actividade dos barcos baleeiros.

Aínda que a súa cacería está prohibida debido ao grande impacto que xera na súa poboación mundial, esta práctica segue a facerse de xeito ilegal.

www.ecologismo.com

BALEA XIGANTE DE SAN CIBRAO

En tempos do bispo San Gonzalo de Mondoñedo apareceu nas costas de San Cibrao unha balea xigante. A balea berraba con tal potencia que se sentía a moitas leguas de distancia. O seu tamaño debía ser verdadeiramente fóra do común,  pois os movementos da súa cola erguían ondas tan altas que pasaban mesmo por riba da atalaia. A xente estaba atemorizada coa presenza do cetáceo, e os destemidos baleeiros da bisbarra non ousaban saír ao mar para capturala, tampouco os mariñeiros a faenar, co medo que tiñan. Só as campás da igrexa acougaban a furia da balea e, cando soaban, achegábase á praia e disque falaba na súa propia lingua, con moito amor e dozura.

Foi necesaria a intervención do bispo. Non ben puxera o pé na praia da Caosa, cando a balea se presentou alí, aínda que sen varar na area, e falou naquela lingua estraña con San Gonzalo, que parece que entendeu a súa mensaxe. Pediu barca e barqueiro, pero ninguén quería levalo, só un rapaciño de quince anos tivo valor. Cando a barca estivo a rentes dela, a balea abriu a boca e Gonzalo non dubidou en meterse dentro do enorme animal. Ao pouco tempo saía o santo e levaba nas mans unha imaxe da Virxe. A balea arredouse e nunca máis se soubo dela. A imaxe da Virxe venérase hoxe na igrexa de San Román de Vilaestrofe.

Diccionario dos seres míticos galegos, X.R. Cuba, A.Reigosa, X.Miranda

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s