O verán xa vai quedando atrás

Definitivamente o verán  queda atrás. O sol xa é de outono e a lentura da terra ao anoitecer lembra a proximidade do tempo das castañas. As mazás xa están no seu punto, agora queda apañalas. Xa comezan a florecer as Rosas de Siria, a follaxe das parras tórnase multicolor: os marróns, os cobrizos, avermellados… Todo é riqueza de matices e de cores. E logo por que ese rostro que o graffitero debuxou?  Será o terror infernal ao que se nos vén enriba? A crise? O inxusto recorte en educación, e polo tanto en cultura? Dentro dun tempo falaremos….

Recomendación musical: reescoitar a música de Led Zeppelin, brutal!!!

Advertisements

3 thoughts on “O verán xa vai quedando atrás

  1. Corríxome. Hai Rosa de Siria e Rosa de China. As dúas son “hibiscus”. Son moi parecidas, pero non son a mesma planta, penso (especialista, especialista… non son). Curiosidade: a Rosa de China tamén é coñecida como Flor do bico.

  2. Penso que a rosa de siria e o hibisco non é o mesmo. Vou colgar unhas fotos no blog para que vexas as rosas de siria que se nos dan en Bonxe, na chaira.E ten en conta que é un clima máis duro có do resto e as flores sempre chegan máis tarde. E para nós é de mazas (por certo, a semana que vén terei que recoller nelas)
    Saúdos, Rosa

  3. parece que “as rosas de siria” é o hibisco… si?
    o meu xa hai un mes que da flores…
    para min setembro é
    uvas e figos,
    a luz que se vai diluíndo
    para despois aparecer o outono dourado. o marabilloso outono do mes de outubro.
    [despois falaremos da triste chuvia de novembro]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s