THE MATRIX, algunhas escenas

 Hai películas practicamente redondas e que serán lembradas xeración tras xeración. Que sempre terán actualidade. 

Esta volta refírome a The Matrix. Logo de vela varias veces, estou convencida de que é unha película para revisitar “sen límites”. Houbo unha primeira vez, e daquela pensei que estaba xenial. Os 131 minutos transcorreron sen me decatar. Sempre a me sorprender. Cando a volvín ver, xa dun xeito moito máis pausado, sen perder detalle, pensei que o incrible deste filme resulta que a súa densidade (está chea de monólogos filosóficos francamente interesantes) non impide un ritmo frenético. Para min, unha das xenialidades desta obra. E logo, á parte dos efectos especiais, para saborear unha e outra vez, os cuasi monólogos dalgúns personaxes. Un exemplo: cando Morfeo lle vai explicar un pouco a Neo o que é Mátrix.

“-Cres no destino, Neo?

-Non.

-Por que?

-Non me gusta a idea de non ser eu o que controle a miña vida.

-Sei exactamente ao que te refires. Explicareiche por que estás aquí. Estás poque sabes algo aínda que o que sabes non o podes explicar, pero percíbelo. Foi así durante toda a túa vida. Algo non funciona no mundo, non sabes o que é pero aí está.  Como unha estela cravada na túa mente e que te está toleando. Esa sensación tróuxote ata aquí. Sabes do que estou falando?

-De Matrix?

-Gustaríache realmente saber o que é? Mátrix rodéanos, está por todas partes, mesmo agora, nesta mesma habitación. Podes vela se miras pola fiestra ou ao encender a televisión. Podes sentila cando vas traballar, cando vas á igrexa, cando pagas os teus impostos. É o mundo que foi posto ante os teus ollos para ocultarche a verdade.

-Que verdade?

-Que es un escravo, Neo. Igual que os demais, naciches en cautiverio, naciches nunha prisión que non podes nin saborear, nin oler, nin tocar. Unha prisión para a túa mente. Por desgraza non se pode explicar que é Mátrix. Tes que vela cos teus propios ollos. Esta é a túa última oportunidade, despois non poderás botarte atrás”.

Un canto á liberdade.

E logo a escena en que Neo pode volver a Zion grazas á declaración de amor de Trinity:

“Neo, xa non temo nada. O Oráculo avisoume que  namoraría e que ese home, o que eu amase, sería o Elixido, entendes? Non podes estar morto, non podes, porque é a ti a quen amo. Óesme? Ámote”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s