AS PRIMEIRAS FLORES DO OUTONO

 

Chega o outono cheo de cores. Rosas, azaleas, follas de vides… enchen de ledicia os nosos xardíns. O outono aínda ten luz: os vermellos, os rosas púrpuras, os violetas, os amarelos, cobrizos… unha chea de cores fortes aínda escintilan diante dos nosos ollos. A decadencia outoniza tamén é pracenteira, só hai que permitirlle a sorpresa.
A primeira rosa descubrina ao chegar á casa logo da semana de traballo fóra, á beira do Atlántico. Aínda arrecendía e puiden acariñar o seu delicado veludo. Foi o bico do retorno.
Este venres serán as vermellas mazás, as mazás do outono.
Advertisements

4 thoughts on “AS PRIMEIRAS FLORES DO OUTONO

  1. E cando a terra cheira tan forte a humidade? Cando os ourizos das castañas enchen o chan? E as primeiras choivas? E os primeiros lumes a carón da lareira? E o brillo do sol morno do luscofusco sobre o corpo dos piñeirais? Tamén é bonito o outro outono. Non soportaba o mes de novembro, pero alguén, nalgún momento me ensinou que tamén é fermoso. Si, si… a escasa luz! Xa sei… pero por que non cantarlle ao mes de novembro. Cando chegue, desculbrirémolo.

  2. O outono de cedo, é unha época que me encanta. gústame a temperatura, o dourado tono da luz, as cores, os aromas… cando empeza a ir algo de frío é un placer vestir un jersey de lá, [con moitas cores, a ser posible as mesas cores do outono]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s