PAU NEGRE… MOITO TEMOS QUE APRENDER!!!

Cantas veces me teñen contestado na casa que se me falaban en castelán era porque “o galego non che serve para nada fóra de Galicia”. Evidentemente, querían o mellor para nós. Evidentemente, no estranxeiro tiveran que falar en castelán con outros emigrantes. Mais… o tempo demostrou que saín fóra de Galicia grazas ao GALEGO,  e que vivo do e para o GALEGO.

Hoxe a lección vén da man dos cataláns. Está claro que cando os critican, no fondo hai un aquel deles que produce envexa, inconscientemente. A defensa do seu, mira ti por onde, lévaos a Holibú. E quen me dera a min poder demostrar dese xeito que a nosa lingua é universal! O catalán, os cataláns, as catalás hoxe demostráronnolo. Vedes??? Onde está o problema? Nos pobres de espírito (e agora lembro a Castelao)

Noraboa a ese fermosísimo filme, no que as miserias humanas quedan tan ben reflectidas. Miserias como a de pensar que co galego non imos a ningures.

Advertisements

2 thoughts on “PAU NEGRE… MOITO TEMOS QUE APRENDER!!!

  1. Os meus familiares eran os meus pais, que entre eles falaban galego. Mais a min facíanme eses comentarios desde o seu cariño e coa ilusión dun futuro mellor. Co que non contaban era con que lles saíse revolusionaria. De todos os xeitos, o amor ao galego mameino deles, sobre todo de meu pai. En breve publicarei un artigo dunha rapaciña que chegou ás miñas mans xa hai anos. Verás que interesante!

  2. eu vin a peli, gustoume moito. e tamén o que dis, teño familiares para os que a miña teima de falar galego é considerada unha rareza, ou unha maneira de ir contra corriente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s