ÁRBORES. A ABELANEIRA DE BONXE

  A MORRIÑA DA ABELANEIRA

De todas as árbores da casa esta é case, case, case… a miña preferida. No outono, na primavera, no inverno… sempre esperando a miña chegada á beira do camiño. Vizosa, mesmo cando as follas marchan ata o ano seguinte. Leda, con pólas a lle medraren, a nos saudaren. Acubillo no verán.

Obsérvoa e sinto que me bisba un non sei que… síntoa a me falar das estrelas que acompañan as súas noites, a me dicir que os cans ladraron, que Teo devece por entrar a visitarnos, que ao acivro nesta primavera notóuselle un bo estirón…

Procuro ir onda ela e, baixiño, comentarlle as novas da semana. Que á beira do Atlántico tamén se está ben, que hoxe cheiraba a salitre, que Tuia segue a ser unha das praias máis fermosas, co seu mar bravo no medio da tranquilidade, e coa Illa, como muller deitada ollando para o ceo, é serea a nos ollar. 

                                         

E que dalgún xeito me fai lembrar a vella figueira da Chanca, a figueira que estaba no patio e que houbo que cortar. A primeira árbore pola que chorei cando nena.

Veño de descubrir un documental ben interesante que fala das árbores. Mágoa non poder escoitalo en galego. Fálanos de todas esas árbores que sobreviven ao tempo, supervivintes no medio da voráxine.

Atopado no blog http://imosandar.blogspot.com/

Advertisements

One thought on “ÁRBORES. A ABELANEIRA DE BONXE

  1. A sobreira de Balboa téñoa eu aquí cerquiña,
    sabes? tamén a min me din moito as árbores. hai tempo escribira un post e por iso me soan bastantes destas árbores que se mencionan no documental.
    hei buscar ese post que teño que poñer unha referencia aquí, que é moi interesante.

    e que dicir da túa abelaneira? 🙂
    non sabería en cal estación dicir que está máis linda.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s