ESCUNCHANDO NA IMAXINACIÓN

cartografía de palabras

repetir cada signo

dentro da cuadrícula

papel en branco

pozo infindo

as palabras esvaran

por iso sempre cuadrículas

para salvalas

pequenas casas

onde vivir para sempre

Dores Tembrás, O pouso do fume

Escribir para desafiar as verbas que no universo da imaxinación mestúranse en nebulosa. ESCUNCHAR PENSAMENTOS, DESEXOS, HISTORIAS POSIBLES.

Para buscar a precisión en cada vocábulo.

Para desafiar o informe.

Para xogar un xogo no que a escrita saia vitoriosa.

Eu a enredar coas palabras, que falen por min o que levo dentro e aínda non sei como é.

Rosa Varela

Advertisements

3 thoughts on “ESCUNCHANDO NA IMAXINACIÓN

  1. as persoas que temos un blog [non temático, periodístico ou de opinión] facémolo polo gusto de escribir, e grazas a compartilo, alimentámonos e animámonos unhas ás outras. que grande é a rede! millóns podemos saír do armario das letras 😉

  2. sempre desexei escribir, mais nunca me daba decidido, e agora, grazas ao desafío que supón escribir un blog, e grazas á existencia de persoas que coma ti o visitan, comezo a lanzarme a ese baleiro ou a ese todo, e decátome do difícil e complexo que é. Sei que os primeiros textos son como son, enxendriños, mais confío en poder achegarme no longo camiño que teño por diante a unha escrita un pouco decente.

  3. que emoción, ler o primeiro verso, recoñecelos todos. Dores, o pouso do fume. dores, escoitala recitar, ver como move as mans. dores é unha fada.

    rosa varela, creo que non lin nada, pero como me gusta o de buscar a precisión en cada vocábulo. quen puidera ter as ferramentas. eu só o desexo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s