AI DOS AVÓS E AVOAS!!! E HABELOS, HAINOS

DÚAS LETRAS, curtametraxe de Fina Casalderrei

Vendo a curtametraxe de Fina Casalderrei, cantas emocións, sentimentos viñeron á miña cabeza. As avoas e avós son entrañables, cariñosos, pensan sempre en nós, quérennos… e a verdade é que non llelo pagamos moi ben. Queren mimos, atencións… e non lles dámos tantos como puideramos. E por riba, sonvos ben divertidos!!! E non se cortan nin un pelo, se hai que actuar e ser actor, pois faise. 

Eles co seu tempo e a súa pachorra, e nós coas nosas présas e o noso estrés, somos liñas paralelas, mágoa. Tal vez sexa hora de pensar na dirección a seguir e converxer. Contemos ata dez, paremos e escoitémolos. Merece a pena.

http://vimeo.com/29034136

Advertisements

2 thoughts on “AI DOS AVÓS E AVOAS!!! E HABELOS, HAINOS

  1. Si, é certo, lembra a Mamasunción, mais a min seméllame feito con tanto cariño, que aínda sendo case unha reelaboración resulta moi entrañable. O que me gusta é ver o listas que son as dúas mulleres, tentando enganarse mutuamente, ninguha das dúas sabe ler, A sabiduría dos anos, e por que non , a retranca. E que gratificante traballar con vellas (odio os eufemismos, por iso digo vellas e con moito cariño)! Que boas actrices! E que me dis da dureza da historia do burro! que forte! saudiños e novamente grazas por achegarte a este recuncho.

  2. a idea recórdame aquela mítica curtametraxe galega dos primeiros tempos:
    mamasunción

    disfrutei moito ven esta tamén.
    encantoume esta última carta inventada con ese castrapeado castelán, esas mentiriñas soñadas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s