OS XARDÍNS EN OUTONO

COMPROBO QUE UN DOS TERMOS MEDIANTE OS CALES ALGUÉN ENTROU NO MEU ROCHO (E RECLAMO A VERBA ROCHO PARA O MEU BLOG), FOI “OS XARDÍNS EN OUTONO”. Pois ben, vou escribir algo sobre isto. A ver, vou imaxinalos???!!!!

É o solpor, a luz pousa sobre o mar o seu tenue brillo e arrecende a terra. Non hai estación en que cheire tan ben. As follas arremuíñanse á beira do paseo e na praia só fican as gaivotas. O meu can Nemo e mais eu paseamos e levamos esa humidade outoniza pegada ás nosas orellas. Cheira a fume, fume de cociña económica, coa que soño para a nosa casa na Chanca, a casa dos avós que temos pensado restaurar. As cores das follas secas, que nos lembran a Chaira. Aquí son de tileiro? Alá son de castiñeiro, o vello castiñeiro que nos saúda cada mañá. E seguimos tendo morriña. Os xardíns para nós son chairas, son de millo recén segado, son de edra espida, a edra que nos aperta tenramente. Os nosos xardíns son de liberdade. Aquí levamos sempre connosco a compaña do xardín da Illa que decote saúdamos nas nosas andainas diarias. E na terraza, o xardín segue con xeranios, buganvilla, xasmín, gardenia… con flores, flores,  só o xeranio.

OS XARDÍNS DO OUTONO SON TAN DIVERSOS!!!E AS MAZÁS NO CHAN, Á ESPERA DE SE MESTURAR NA TERRA SEN DEIXAR PEGADA. POUCO A POUCO CONVERTÉNDOSE EN TERRA NUNHA PERFECTA SIMBIOSE.

Advertisements

2 thoughts on “OS XARDÍNS EN OUTONO

  1. Curioso, como o subconsciente nos traizoa! Ao fotografar as mazás delatei o caos que me caracteriza. Iso si, un caos dotado dunha orde indescifrable. Usando as túas verbas, o “enigmático embusteiro”.

  2. a maxe das mazás polo chan, nunca a “pensara” como un xardín… é moi acertada!, polo menos a min prodúceme ese placer estético que tamén as flores.
    un xardín un pouco caótico e sorprendente.

    [eu pronto hei facer que saia fume dende as entrañas ardentes da cociña económica! -quería esta finde ir á miña aldea, apañar moitas, moitas, moitas piñas no monte, que inda están abertas e cubertas de resiña-]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s