Como atopar a música que traia de volta os mortos?

A cita tireina do libro de Coetzee, Deshonra, do que xa falei nun artigo anterior. 

O domingo rematei a lectura e fiquei rota. Está moi ben escrita. Descríbense os sentimentos e estados con grande precisión. Pero deixome rota. Rota ao sentir o baleiro de David Lurie. Sentir como morre en vida. Como se transforma a súa existencia. A súa inmensa soidade, a da súa filla. E iso levoume a pensar. O odio que se vive na Sudáfrica retratada, non é máis ca o odio que respira a humanidade. O sensentido que goberna as vidas dos personaxes, personaxes desprezados por todos. A David non o poden tratar peor. Mais é a única mente lúcida e coherente da historia. Ás veces un sente algo parecido. Na procura do ben facer, do acto xusto…  un erro e todo é a caer enriba. E o desprezo, a “deshonra” espállase coma onda do mar. 

Mais non só pensei isto. Quedei tan fulminada que ao regresar á vida de semana, ao lugar do traballo,  sentín unha inmensa morriña. Sei que son afortunada por ter traballo, mais pola semana atrás queda a miña vida para poder traballar. No Atlántico síntome allea, nada me ten sentido. Non obstante, sigo pensando que son ben afortunada. As contradicións entre a razón, a lóxica e o corazón. E escollo unha frase de Coetzee que me gustou e que penso que me identifica neste momento de morriña (que calquera día a casualidade se encargará de afastar):

“Vólveo invadir aquel sentimento: apatía, indiferenza, pero tamén ingravidez, coma se algo o comese por dentro e só quedase a casca erosionada do seu corazón. Como pode un home en semellante estado, pensa, atopar palabras, atopar a música que traia de volta os mortos?”

Eu desexo atopar a música para que o corazón teña algo máis ca casca erosionada e nel soe música, aínda lonxe da terra, aínda lonxe de min, do meu lugar no mundo, que a saber cal é!!! Pero sobre todo ATOPAR A MÚSICA, a emoción, a sorpresa.        

Advertisements

4 thoughts on “Como atopar a música que traia de volta os mortos?

  1. Supongo que sucede algo similar que el odio mantenido y sostenido de antiguas guerras, rivalidades, injusticias, deshonras, vilipendios y ultrajes… no solo por los presos y terroristas de eta sino también por los vencedores y vencidos de nuestra guerra civil (por ejemplo).

    gracias.

  2. No sabía que J. M. Coetzee fue premio Nobel de literatura en 2003.

    “Nunca debí haber cogido el farol para ver lo que
    estaba pasando en la barraca junto al granero”
    (J. M. Coetze, Esperando a los bárbaros)

    gracias por este post y por tu comentario en mi blog.

    🙂

    un abrazo

    • Penso que no libro Deshonra lo que hace es exponer a la luz lo que sucede en Sudáfrica. La venganza de los que un día fueron esclavizados. Pero que es como una pescadilla que se muerde la cola. No se sabe donde el principio ni donde el final. La anulación de David Lurie, que ni siquiera quiere salvar a aquel perro al que le gustaba la música y que es especial para él. No merece la pena que siga viviendo la injusticia. Realmente no acaba la historia, pues se va a repetir y no va a parar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s