MÁIS CORES DE NOVEMBRO

MÁIS CORES DE/EN NOVEMBRO

Escoito chover. Cae auga a ballón. O serán tornou escuro e triste. E a noite chora auga. Mais pensemos na seca de días atrás e veremos/escoitaremos a choiva con outro ánimo.   Nunca choveu que non escampase.

Para pórlle cor a esta noite escura vou amosarvos unhas fotos cheas de cor de hai unha semana e veredes como novembro segue a ter as súas luces.

O campo estaba  cheo de cidades de amanitas, coma rañaceos pintegados entre as follas secas e tentando coa súa ledicia

provocadoras compartían territorio con outras colonias de cogomelos

Con fermosos cogomelos amarelos

Tímidos, agochados cogomelos amarelos…

Acompañados do malva das flores silvestres….

Baixo a follaxe decadente e esplendorosa dos castiñeiros….

E que dicir do vermello xenerosamente ofrecido polo acivro xa en flor… 

nos camiños da nosa Galicia, por entre os valados centenarios….

que conducen cara o vello muíño de Felpás. O muíño de Felpás… Vede que rostro tan pavero… As ventás coma chiscadelas de ollo….

E todo isto nunha tarde de outono, de novembro, na chaira luguesa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s