OUTROS MARES

Imaxes de Tan Tran, fotógrafo vietnamita, habitante de  Ho Chi Minh

Non saíran nunca do seu recuncho, mais aquel premio da compañía Vueling fora toda unha sorpresa. Chegarían á costa vietnamita e a saber o que descubrirían. Verían outros mares, coas mesmas augas, mais con luces diversas e diferentes. Homes de mar tamén  habería. Descubriron gamelas redondas, que grande era o mundo. Comprobaron que as praias semellaban bañadas polo mesmo mar, non obstante posuían matices diferentes. E as cores. Os anoiteceres avermellados, cor fucsia, rosados… Que grande era o mundo!

Que soños estaría a durmir agora a Illa? Tal vez estivese a axexalos desde o seu leito non Atlántico, desde a serenidade do seu durmir, do seu descansar.

Tan Tran transmitíralles as cores do Vietnam, os azuis dos portos…

Agora tocáballes a eles, no seu regreso descubrirlle ao vietnamita a fermosura da súa Illa, sempre deitada cara ao ceo, valkiria da ría, loitadora contra mareas, acougo fronte ás Cíes, máis rebeldes no seu vivir o mar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s