LAZOS POLAS BÁGOAS FEMININAS – 25 NOVEMBRO – DÍA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

25 DE NOVEMBRO. DÍA DA VIOLENCIA DE XÉNERO     25 DE NOVEMBRO. DÍA DA VIOLENCIA DE XÉNERO   25 DE NOVEMBRO. DÍA DA VIOLENCIA DE XÉNERO   ….  INFINITOS

TANTOS COMO BÁGOAS DAS MULLERES MALTRATADAS

Non podo deixar pasar o día de hoxe sen escribir unhas verbas.

Hai moitas máis voces silenciadas e durmidas das que nós pensamos. O maltrato está en máis parellas das que pensamos. O grave é chegar á violencia física, iso é o que máis nos alarma, pois págase coa vida. Non obstante, gustaríame lembrar que tamén hai unha violencia psicolóxica, que pasa máis desapercibida e pode derivar logo en violencia física.

Non permitades chantaxes, nin celos agochados no “quérote moito, non podería vivir sin ti…”, pero co anverso de “por que o pasas tan ben cos outros se xa estou eu”, ou “como é posible que estando separados sexas feliz sen min”, ou “moi ben o estabas a pasar falando co mozo da miña irmá”… Iso sucede, e sucede nas vidas sen dármonos conta. E logo veñen as palabras maiores. Ser convencida de que é mellor quedar na casa, sen traballar fóra, porque se iso conleva estar separados, un dos dous se ten que sacrificar e que se sacrifique o que menos gañe (e moitas veces é a muller), etc. etc. etc…. Son pequenos exemplos que cando suceden non o pensas e non te decatas de que te están querendo anular. Por iso comezamos.

Por iso, non vos acovardedes. Tedes dereito a vivir a vosa vida e a ser respectadas. Non teñades medo, sempre se sae adiante. Non permitades que ninguén vos poña a man enriba nin vos anule. Que nunca ninguén vos humille.

MULLERES, vós valedes moito!!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s