OUTRA DE FLORES: O AMBROÍÑO

Tapadeiras ( Nymphaea alba )

http://www.vexetaciondegalicia.es/plantas.php?id=nymphaea

Aos que toda a vida coñecín como nenúfares,  agora descubrinlles o nome “ambroíño”, que ben soa! Si que me quedan palabras por descubrir. Nótase a miña ascendencia urbanita. E o que máis me chama a atención é que por debaixo da auga maduran os seus froitos en baias (eu só vía a superficie, haberá unha razón pola cal o froito non se deixa ver, pois a natureza é sabia) e, aínda máis!, as súas flores son arrecendentes. A verdade, cando vou de camiñata polo monte e paso polo lado dunha lagoa onde hai ambroíños non chego a percibir dito arrecendo. E agora hei de esperar a xuño ou xullo, logo veñen, e daquela heime fixar máis nos ambroíños, agochan máis do que parece.

Cantas cousas fermosas hai nos nosos campos, ríos, lagoas… aínda non son ciencia ficción. 

       Estes ambroíños fotografámolos en Bélxica este verán, mais para o próximo, xa sei que cando dea un paseo non podo despegarme da máquina e andarei na procura de ambroíños, pois teño a lagoa do Cepelo ben preto da casa.

Advertisements

2 thoughts on “OUTRA DE FLORES: O AMBROÍÑO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s