TOLLEMERENDAS

Esta fermosa flor, que ata o de agora chamaba azafrán, descubrín hoxe que en galego se chama TOLLEMERENDAS. Buscaba, e buscaba, e por ese nome era imposible atopar nada. Así que, chea de paciencia folleei o libro Guía das plantas de Galicia, de Xosé Ramón García, e por fin a encontrei. Xa sei que deste nome algúns xa sabedes, mais para min a sorpresa do nome e da súa xustificación aledoume a mañá.

Merendera pyrenaica (polo menos, por ese nome a atopei)

Florece en agosto-outubro, en prados e claros de breixos de toda Galicia, desde a beiramar ata as maiores alturas. Os seus nomes populares proveñen de que marca a época en que empeza a devalar o día, e non se lles servía merenda aos xornaleiros no campo.

Curioso descubrimento!!!

Advertisements

3 thoughts on “TOLLEMERENDAS

  1. Grazas polos comentarios e pola atención prestada.
    Visitarei os blogs aconsellados, pois é interesante coñecer lugares novos onde aprender.
    A foto fíxena co móbil, non ten unha resolución marabillosa, pero valeume para o que eu quería.
    Supoño que non vos resulta novo que diga que o importante son as ideas, as olladas ao mundo, a capacidade de ollar e descubrir, logo malo será que non deamos coa tecnoloxía para póla ao noso servizo. En algo nos teremos que diferenciar os humanos das máquinas.
    Non vos imaxinades a ilusión coa que leo os comentarios. Iso anímame a superarme no que fago. E poder ofrecer cada día artigos mellores.
    Apertas.

  2. A min pasoume o mesmiño que a tí…! tiña esa flor no meu recordo lonxano, e na volvera a ver ata hai un par de anos, e andiven loca buscando o seu nome, todo o mundo me dicía azafrán silvestre, e sí que se lle chama así tamén. Pero foi no blog de Leo e os seus:
    http://leoeosseus.blogspot.com/

    onde me enterei dese nome tan orixinal.

    Ese blog que che deixo o enlace fala das cousiñas miudas dos seus nenos, pero tamén das palabras novas, das antiguas, dos labores … p Paideleo eche todo un etnólogo!

  3. La fotografía es preciosa y aunque estamos más cerca de diciembre que de octubre, la temperatura es más cálida de lo que corresponde a esta fecha. Pero míralo por el lado positivo, has podido encontrar esta belleza.

    enhorabuena por tu foto
    (porque la has hecho tú, verdad?)

    un abrazo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s