O LENTO CAMIÑAR, FRONTE ÁS PRÉSAS

street #73 | Toulouse

Hoxe, no blog http://shootthestreet.com/ atopei esta foto, a foto do día, de Nicolas Jahan, e titulada  street #73 | Toulouse.

E ao vela lembrei unha situación que me conmove en moitas ocasións: a da avoa ou do avó que  van paseniño, ao ritmo da vellez e son adiantados por algún novo. A áxil rapazada, que chea de vida dá pulos de aquí para alá, nesa fráxil inestabilidade da adolescencia, nese ir e vir ao instituto, de paseo cos amigos. Os adultos que van aos traballos, ou á compra, e levamos présa porque o tempo non nos chega a nada, e os adiantamos, porque o seu paso nos couta o noso vivir, porque temos cousas que facer. E a vellez, que como xa non ten forzas, nin axilidade, nin tantas cousas que facer, ralentiza os seus ritmos vitais.

Cando protagonizo a situación, penso no que pensarán. Porque xunto á súa quietude, están os seus sabios silencios. Que verán eses ollos anubrados polas cortinas dos anos? Se cadra, algún día vexo como algún mociño ou mociña me adiantan, ou algún adulto vai con présa e con cara de agobio, de premura. Daquela pasará pola miña cabeza a frase que un día lle escoitei a unha muller, conversando con ela no Alsa que me levaba a Ponferrada: “Por que tedes tanta présa os novos? Se, ao final, hai tempo para todo, e a vida pasa tan rápido.” E dela me acordei neste día bretemoso ao ver a foto do home maior parado, e o novo camiñando (non con moita présa, mais si con cara de ocupación) por diante del.

Presente e pasado. Pasado e presente.

slow walking, rush / / / old age, youth

Advertisements

2 thoughts on “O LENTO CAMIÑAR, FRONTE ÁS PRÉSAS

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s