FELINOS: EN PERIGO DE EXTINCIÓN?

  http://www.safarisautenticos.com/Gran_Safari.html

http://www.disfrutalogratis.com/webcams-wallpaper-de-leones.htm

Vivo cun felino moi especial, o Mequiños, que é un gato estupendo. Fóra de cando se pon bravo e xoga a roer (vaia trabadas que dá! quen mo ía dicir, que un gato trababa! iso non era cousa de cans?), é unha delicia compartir a vida con el (os que teñades gatos saberedes do misterioso atractivo que posúen).

É parente -penso- dos tigres, leóns, panteiras nebulosa, xaguares, panteiras das neves, pumas, leopardos, guepardos… mais hoxe ao ler a National Geoghaphic vexo “Felinos en crise”, “Pranto polo tigre”. Que mágoa! Os humanos somos os maiores depredadores do mundo mundial. Só van sobrevivir os gatos, os felinos que conseguimos domesticar? Só van vivir aqueles seres que sucumban á nosa tiranía! Que pobreza de mundo!

A Mequiños esta sorte espero que non lle toque. Todos son agarimos con el, mesmo o Nemo o acariña, e se deixa vacilar. Pero, que vai dicir cando se entere de que os seus parentes están sendo aniquilados? Iso xa non o sei, os gatos son así de seus.

   O rei do sofá

 Tenramente descansando sobre a nova mantiña (sintética, non de pel). Aínda que esa ollada???

Para rematar, unha cita collida do National Geographic deste decembro 2011:

PANTHERA LEO

“Observa a presa atentamente, co corpo en tensión e movendo a punta da cola mentres avanza paso a paso. Despois, agazápase inmóbil, co ventre case pegado ao chan. Só o tremor dos seus flancos revela a súa tensión mentres espera que a desprevenida vítima se achegue un pouco máis”. (George B. Shaller, biólogo)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s