A SABIDURÍA: UN DESEXO, UN SOÑO

“Hoxe, antes da alba, subín aos outeiros, mirei os ceos apertados de luminarias e díxenlle ao meu espírito: cando coñezamos todos estes mundos e o pracer e a sabedoría de todas as cousas que conteñen, estaremos tranquilos e satisfeitos? E o meu espírito dixo: Non, gañaremos esas alturas para seguir adiante”.

Walt Whitman

Atopado no enderezo http://www.creandoutopias.org/2011/05/lorca-medio-pan-y-un-libro

En todos os momentos da miña vida en que tiven por obriga estar diante dos libros coa finalidade de memorizar o que neles había, paseino ben mal. Era necesario, evidentemente, mais aínda que aquel traballo había contribuír a aumentar algunha capacidade miña, a mellorar algunha desas múltiples intelixencias que parece que posuímos, nunca foi do meu agrado, sempre supuxo un sacrificio ao que, como alumna guiadiña que era, nunca me neguei.

Mais si sabía e sei que hai xeitos diversos de aprender, e que son posibles noutros momentos da vida. Investigar é o meu, o que me gusta. Buscar, ler, sorprenderme cos achádegos… 

E ultimamente unha negra sombra faime compaña porque semella que a sociedade  esqueceu o dito  “o saber non ocupa lugar”. 

Sempre a subir outeiros e devecer por novos coñecementos.

Advertisements

4 thoughts on “A SABIDURÍA: UN DESEXO, UN SOÑO

  1. Cando lin algo da biografía de Walt Whitman e, sobre todo, con algúns dos seus poemas que desbordan esa forza interior, esa seguridade en sí mesmo, véxome a mín pequena pequena pequena, débil, coma de outra materia.
    E con iso do saber pásame igual, cun cerebro de habitacións estreitas.
    😦

    • Eu sinto que sempre estou a comezar, e desbórdame a cantidade inxente de cousas que quero aprender, saber… e que non dou feito. Por iso, penso que sempre estarei no campamento base, e a escalada vai ser moi longa, como chegar á Ítaca de Kavafis. Pero mentres tente escalar…

  2. Estoy rodeada de pequeños de 4 y 5 años y cada día que pasa me convenzo de que ellos aprenden unos de otros, observando, explorando, dialogando… de acuerdo que para aprobar las oposiciones tienes que memorizar y retener la máxima información posible pero ellos aún son libres y pueden experimentar nuevos modos de asimilar información.

    estoy de acuerdo con tus palabras

    un abrazo
    🙂

    • Whitman tamén se refire ao Tíbet, non si? Un desexo para o próximo e vindeiros anos: que a xente, pero a grande maioría da xente quixese superarse a través da sabiduría. O desexo de saber e de ter coñecemento que fose como o pan para comer. Un desexo para a humanidade, polo seu ben, polo de todos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s