IMAXES DO PASADO: ETERNA ESPIRAL

IMAXES DO PASADO: ETERNA ESPIRAL

Nesta tarde gris e poallenta a morriña convídame a repasar imaxes dun tempo afastado, dun tempo asemade gris. E abro a caixa coas vellas fotos da avoa, unha especie de caixa de Pandora, que custodio con agarimo, aínda que ben é certo que dela non sae mal ningún, todo o contrario. Herdei unha chea de rostros, instantes, paisaxes coñecidos e descoñecidos: as primeiras instantáneas de Maruxa (na que vemos tería catorce ou quince anos… tamén conservamos algunha de familia en que aínda era unha miúdiña), as merendas na Chanca, os días de praia en Foz (cando ían visitar o meu avó, que traballaba naquela vila), paseos pola Praza Maior de Lugo… e prodúceme unha morriña en certa medida pracenteira. Míroas e remíroas sempre envoltas de nostalxia.

Ás veces son rostros tristes ou melancólicos, a pesar do leve sorriso bosquexado. O tempo do loito que se fai eterno: vestimentas negras polo pai, logo pola nai… e así van pasando os anos e o negro convértese no día a día… Logo virá a guerra e o negro seguirá inserido nas existencias dos que foron mozos e mozas.

E logo de noventa anos o gris a piques de ser negro segue inserido na nosa existencia… e achégase unha pobreza semellante á desta foto.

Vivimos na espiral que se retorce e non cesa.

Advertisements

4 thoughts on “IMAXES DO PASADO: ETERNA ESPIRAL

  1. non, non. falta moito para chegar a esa pobreza, rula.
    é verdade que o loito envolveu mulleres dende nenas ata unha edade na que xa o negro formaba parte do seu ser.
    Eu case non teño fotos antiguas, conservo duas ou tres, míranme dende aqueles días color sepia, e a sensación case nunca é pracenteira, o desacougo sempre está presente.
    Non son as fotos, claro: os meus pensamentos que moven as emocións.

    • Cando digo morriña pracenteira, refírome a que ao velas sinto morriña, porque falan de seres que foron, que xa non existen máis que no noso corazón… e pracenteira porque me gusta ver como eran os avós de nenos, de mozos, cando casaron, cando estaban de festa… gústame moito ver fotos, fixarme nas expresións dos rostros… Se cadra non me expresei ben. debería ter escrito: morriña e pracer a un tempo .
      Esta foto fala da tristura de cando miña avoa quedou orfa, contaba que o pasara moi mal, imaxínoo… Cando a atopei e a vin fraquiña e débil, púxenme na súa pel e sentín gañas de chorar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s