DESCANSO DOMINICAL EN FOZ

 
FOZ

24 de agosto de 1952

 

 

 

A foto sábeme a festa. A festa das xuntanzas dominicais. O descanso dos obreiros, dos traballadores.

Olfactéoa e chéirame a sal e a herba. A viño da casa atesourado no porrón.

Mocidade a reloucar, a latexar os corazóns. Encontros, murmurios, risos, voces que chaman, cativos que besbellan, xogos infantís, xogos de cartas…

Na retina fican os grupos de amigos e familias que se evaden sabiamente arredor de manteis e tortilla.

Manolo, Maruxa, Carme, Rodrigo… á beira do mar de Foz.

E o ritual repítese no tempo.

As xeracións relévanse nos almorzos de sal, enmeigados por beberaxes.

Os pais que serán avós; os fillos, pais…; e  do etéreo xurdirá unha nova mocidade que seguirá enchendo os coches domingueiros.

Os mesmos espazos: Foz, Benquerencia… a Mariña lucense. Decote a esperar por nós, domingueiros coa felicidade nos beizos, nos ollos escintilantes, nos acenos liviáns.

Advertisements

5 thoughts on “DESCANSO DOMINICAL EN FOZ

  1. A foto non se conservaba en bo estado, e o resultado do escaneado foi o que foi. Mágoa. Mais como pretexto para disparar os recordos serviume. Ao falar do brillo nos ollos, pensaba nos ollos infantís, naquela ilusión que tiñamos de pequenos, meu irmán e mais eu, cando nos erguiamos os domingos para ir á praia (na foto, a verdade, hai máis bruma ca brillo). Ao ver a instantánea na “caixa de Pandora” recordei aqueles días da infancia tan entrañables, e decateime de que o que vivimos nós, xa o vivira miña nai, que aparece na foto ( a nena que está entre os maiores, á dereita, con esa especie de viseira, sombreiro de tea, non sei moi ben). E foi ela a que me transmitiu ese amor ao mar, esa misteriosa atracción, iso que somos de interior! Graciñas polos comentarios.

  2. Non sei se é a miña vista, pero ao agrandala, vexo a foto borrosa… non me é posible esculcar o aceno do sorriso, o brillo dos ollos.
    Encantoume este post, soubécheslle dar a mesma tonalidade que ten a foto.
    É unha entrada sepia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s