A FELICIDADE DA SORPRESA

Levo unha semana con moito traballo e sen poder escribir, pero xa rematou. Agora vén o Nadal e marcho para o rural, onde non teño conexión a Internet, mais seguirei escribindo e tentando publicar desde algún ciber.

Volvín ao mundo da nube e estiven paseando, como me gusta facer de cando en vez, para ver de que se fala. Por defecto, wordpress publicita blogs americanos, entre os cales descubro imaxes, textos, iniciativas moi interesantes. Mais hoxe descubrín “o grandor do mundo”. Ao elixir idioma, e elixir galego, descubrín que hai unha chea de blogs en galego, que a lingua está viva, que non somos uns “raritos” os que falamos en galego, que somos uns máis no mundo. E que emocionante! (Sempre chego tarde a todo, así que non vos estrañedes de que aínda descubrise algo tan básico e elemental). De novo o brillo nos ollos, ese que tanto me gusta. Quedaron coma pratos.

E como hai que facer maletas e viaxar (os meus bichiños están esperándome en Bonxe, cos rostros como os das fotos que xunto a pé de artigo? hanme canear cando chegue,je,je!), hoxe non teño a cabeza en literaturas, máis apetéceme compartir o meu outro descubrimento: as imaxes dun artista/deseñador… Lesley Barnes. O seu sitio

http://cargocollective.com/lesleybarnes#863050/Central-Station-Book

As súas ilustracións están cargadas de cores (co que me gustan a min) e de movemento. Son moi vivas. Non me deixan pegalas aquí. Pero visitade o sitio, e curioso cando menos.

E para rematar unha reivindicación: o punto 5.1


Advertisements

3 thoughts on “A FELICIDADE DA SORPRESA

  1. Grazas polos teus comentarios, Zeltia. Como dicía Cunqueiro, “mil primaveras máis para o galego” (era algo así, verdade?). No terruño estase xenial, tanto que a rutina dos días te vai devorando e a dimensión temporal desaparece. E o máxico do lugar, todo parece permanecer igual, sen principio nin final. A foto do Mequiños (o gato) non é a mellor, pero cando escribín o artigo era a que había máis a man. Agora queda na casa agarrado ao seu amigo inseparable, o radiador (incrible! un día derréteseme). E o can gardando da casa. Feliz 2012!

  2. curiosas ilustracións, grazas por compartir sempre o que descubres pola blogosfera adiante…!
    agora tocouche en galego, pois si, o galego vive!
    espero que esteas a pasalo ben no teu terruño cos teus bichiños: unhas fotos moi lindas, especialmente a última. (para o meu gusto)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s