A FACIANA DO FRÍO

O frío tenme aterecida, ata o punto de que as ideas e verbas están a hibernar dun xeito un tanto triste. Vai sol, é certo, mais a respiración córtase ao saír á rúa e o sol só é un lapso no xélido ambiente. De aí que un se reclúa na casa para dar unha volta polos andeis, escoller unha historia e viaxar.

Desta volta escollín Irán. Da man de Marjane Satrapi e do seu Persépole recuei aos anos 80, á Persia do réxime islamista. Comprobei que o frío asolaga o ambiente, mesmo as lecturas fan xogo coas circunstancias meteorolóxicas. Cantas incongruencias, incoherencias, crueldades… O regusto amargo que producen os “heroes”. E a certeza de que nos manipula un poder supremo e superior ao seu antollo. Quedan as revolucións, pero estas cara a onde tiran? Aos revolucionarios encarcerados que se ergueran contra o Xa Reza soltáronos para combater contra os iraquís, e a metade morreron na loita. Visto desde fóra non se trataba dunha liberación, era unha condea a morte en nome dunha patria, realmente teñen sentido as patrias e patriotismos? Que babecos somos! 

E lendo o libro aínda se incrustou máis o frío no meu corpo, chegoume ata a medula. Que frío vai! Nada cambia. No Golfo Pérsico, pola contra, anda todo máis quente. A insoportable inmutabilidade do ser! De novo Irán no horizonte. De novo bos e malos. De novo maniqueísmos. E aínda máis frío. 

E é por iso que escollín como imaxe que fala por min, ese ceo gris, gris e treboento.

Advertisements

4 thoughts on “A FACIANA DO FRÍO

    • Si, tamén o meu. Mais dáme medo ver como o Golfo Pérsico está cheo de barcos esperando atacar, e aínda máis, pensar que é algo planificado desde hai anos. Por iso me sentía gris.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s