Era unha vez unha moto vermella…

Buscando inspiración recorrín ao fácil, coller unha imaxe de Shoot… (http://shootthestreet.com/)  e ver que me di.

E irremediablemente este home seguindo a dirección tróuxome ao recordo a estrea da pequena moto vermella que chegou á casa no Nadal. É para aforrar gasóleo, que os tempos non están para menos. Ai cando chegue ao traballo subida na miñá Visión cor vermella paixón! Ollade para a imaxe, esa que vai subida na moto da Honda calquera día son eu (pola ponte de Rande e sen acompañante, xa podo ter coidado!)

E como lle vou chamar? Pois Muchka, facendo homenaxe á vaca da película de Enrique Otero, Crebinski (http://www.crebinsky.com/) que vin xusto antes de estreala. Vai ser a miña compañeira, como o era o tótem galego para Mijail e Fiodor.

Tiña medo a subir nela, pero en realidade é como unha bici con motor. É divertida.

Sempre me deron unha certa envexa aqueles que no verán van coas súas guedellas ao vento por fóra do casco, coa liberdade do voo que debe supor circular nun vehículo de dúas rodas en lugar de ir abafado dentro da ranchera que sen aire acondicionado me transporta dun lado ao outro. E agora, ao comezar o bo tempo, serei eu a protagonista da estrada a dúas rodas. Sen problemas para aparcar… viaxando a un ritmo agradable… Canto me tarda!

Por suposto a foto dá para outro comentario, pero hoxe pasou un pouco a cor gris e cambiei á vermella.

PD: Gustoume moito a película Crebinski. Xenial. Sobre todo o xeito en  como partindo da sinxeleza vai cobrando corpo dun xeito amable e entrañable. Todo un privilexio para o cine galego.

Advertisements

3 thoughts on “Era unha vez unha moto vermella…

    • Non, eu non fun ao videoclub, pedina emprestada na biblioteca. Normalmente mércoas, sobre todo estas de creadores galegos e en galego. Nese tema son un pouco militante ou parva, que sei! Esta acabarei mercándoa. Ao igual que 18 comidas, porque é tan tenra, e dura, e tan como a vida mesma, e a maneira de tratar con delicadeza e dun xeito normal a homosexualidade. E sobre todo, como aquela muller é capaz de deixar ao home don perfecto, porque ás veces estes homes que o teñen tan asumido, merecen unha bofetada, por listillos. (Penso que me extendín…)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s