TOURILANDIA!!!!

ISTO SI QUE CONTÉN RETRANCA! Pregúntome canto tempo van durar? Seguro que moito, pois a audiencia será a que mande. E ademais, saberán pasar ben a censura. A partir de hoxe penso que non vou perder o programa.

Esta tampouco ten desperdicio, por exemplo, cando di “Eu non sei, eu non estudei, que son o Presidente” .

Advertisements

6 thoughts on “TOURILANDIA!!!!

  1. o primeiro video xa o coñecía, este segundo non, nin vin nunca o programa… e que non teño costume de ver a galega, non me vai para ese lado o dedo no mando!, e agora con mniña sobriña na casa, ela é a dona (mellor non che conto o que está na tele agora mentres eu escribo)

    • Xa sei que son uns parvorocos, pero para min que na galega se metan co SERGAS dun xeito aparentemente, só aparentemente “inocente”, ten moita retranca. E hai outro, Florido pensil 2.0, que che xuro que reflicte á perfección o que pasa nas aulas. O outro día, observando un alumno, que… cousas de rapaces, estaba a facer parvadas, a miña mente inmediatamente relacionou aquela imaxe co vídeo e pensei estoupar da risa (e ben que me custou continuar seria… pero tal cal a realidade…) E tamén me gustan porque penso que usan a gheada e o seseo sen a intención de provocar o riso con esas variedades dialectais, como se ten feito en moitas ocasións. Se coidan os guións, penso que o Touri pode facernos pasar bos momentos.

  2. Es el principal objetivo de un determinado politíco de este país: privatizar la sanidad y la educación.

    un buen vídeo.

    un abrazo

    • Copago e médicos/profes privados, e a ver de onde saen os cartos!! O vídeo penso que non ten desperdicio (non che lembra os lipdubs que circularon pola rede o curso pasado?)
      Saúdos

    • Xa sei que son parvorocos, pero teñen a retranca que tanto boto en falta por estes lares (no Morraso teñen furia, pero retranca… nadiña) e río con eles, que fai moito ben.
      Unha aperta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s