Eu, atendendo o meu amigo…

Where's The Bus?

Where’s The Bus? by Andre Bogaerthttp://shootthestreet.com/

O bus xa pasara. Todos os viaxeiros baixaran e iniciaran novas rutas. El. sen embargo, coa tranquilidade de supoñer o habitual, coa súa humilde bolsa da compra, esperaba pacientemente a que Silvia chegase. Posiblemente había moita xente na perruquería, e xa se sabe, as mulleres falan e falan, e ningunha é muda. En fin, que pachorrento, sen inquietarse, permanecía alí, co seu negro sobre fondo branco, sereno.

En ningún momento se lle pasara polo maxín que a muller non había volver sinais de vida, iso sucédelles aos outros, pero a un…! Iso queda lonxe, imposible.

As cousas, non obstante, ocorren. Sempre che ha suceder aquilo que sempre pensaches que que tráxico que che sucedese, que coitados aos que lles pasa… E, olla… , si que pasa. O fado sempre garda unha carta para nós. Boa ou mala, mais gárdaa, e tarde ou cedo gaña o xogo.

Silvia foi por tabaco e perdeuse polo camiño. O negro sobre branco subiría engordiño os chanzos do seu edificio, ao chegar á casa, por dicir algo, pousaría a bolsa no fregadeiro e sentaría. Derrotado. Logo ergueríase e, coa mesma pachorra de antes, só que agora chumbiza, vería afastarse mulleres ao lonxe, camiñando camiñares diversos… Unha delas sería Silvia. Tal vez aquela que enxergaba ao lonxe con zapatos vermellos de tacón, nun de atrás para adiante continuo, afastándose cada vez máis.

O vello lembrou con morriña aquel día en que contaba con bicar a Silvia na meixela para darlle os parabéns por un día máis.

Advertisements

2 thoughts on “Eu, atendendo o meu amigo…

  1. A min chamoume a atención o contraste entre o branco da fachada e o negro do home coa súa camisa branca (ou polo menos así a imaxino). E ademais, gustoume o decadentismo que suxire a fachada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s