A PACIENTE ESPERA

Cuando espero dejar de esperar,

sucede tu caída dentro de mí.

Ya no soy más que un adentro.

ALEJANDRA PIZARNIK

 

http://shootthestreet.com/

Fotografía de Alessandro Greganti

Pasamos a vida enteira a esperar. Unhas veces levamos compaña no vagón; outras, deixámonos levar pola paisaxe que trala ventá debuxa o noso percorrido, ponlle fondo, como os murais de Banksy.

Se ollamos detidamente os personaxes que habitan a nosa historia cotiá, veremos que un 90% está atendendo que lle suceda algo inesperado. Un amor, un traballo, unha sorpresa que lle dea vidiña á vida, un fillo, un can, un gato… Tanto esperamos! E o mellor de todo, é que algo sempre recibimos, decatámonos?

Eu, a verdade, ademais de esperar, teño a teima de facer esperar, para desesperación das miñas amistades, que pacientemente aceptan eses minutos roubados. Convírtome en pequena ladroa do tempo alleo, é difícil de remediar, como máximo unhas desculpas. Levo toda unha vida esperando a corrixir o delito, mais os impuntuais volvémonos incorrexibles e sempre achamos desculpas.

Será esta unha das miñas vítimas?

Advertisements

2 thoughts on “A PACIENTE ESPERA

  1. uff, tamén eu teño ese vicio…
    e realmente paréceme unha falta de respeto moi grande, porque o tempo dos demáis é tan valioso coma o meu… eu seino, ssempre INTENTO ser puntual (no traballo, nas citas), pero sempre aparece un “imprevisto” (a vida é tan imprevisíble…!)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s