NAIS, MOURAS

Imaxe tomada do blog http://lalunaquesemeceternamente.blogspot.com

Ao entrar no portal, chegoulle o cheiro a guiso que emanaba das vivendas do edificio. Lonxe do esperable, aquel arrecendo non lle resultou desagradable. Pola contra, espertou nela un acougo de infancia, como se estivese a recibir unha aperta. Chamaron ao ascensor, habían subir ata o terceiro, onde estaba o gato a esperar por eles. Sabía que algo bulía no seu subconsciente. Aquel olor a guiso resultáballe agradable porque lle lembraba os días en que, logo das clases, voltaba á casa e alí estaba a nai esperando co xantar preparado. Un regreso aos primeiros anos que lle daba acougo ao día, compañía na soidade do afastamento.

É fermoso sentirse acompañada, non si, Nemo?

Horas despois, ao ler o Dicionario dos seres míticos galegos, atopouse coas mouras, mulleres belísimas e encantadas que viven nas fontes… e son doadoras de tesouros. Daquela asomou novamente o arrecendo a guiso. A nai, a cociña, os agarimos, os acochos… E pensou que as nais eran mouras, son mouras, mulleres belísimas rodeadas de encantamentos e tesouros. Que misterio agochan!¡?

Advertisements

3 thoughts on “NAIS, MOURAS

  1. a miña érao 🙂
    as mouras tamén viven nas penedas, e tamén a min me gustan as fontes (e as penedas)
    teño unha colección de fotos de fontes gardada en algures. pero esas fontes – manantial, agochadas ou recuperadas. Nada de fontes ostentosas ou urbanas.

    • As malas son unha excepción (como no caso das nais). Para min as mouras son seres máxicos, sempre tiven moita curiosidade polas lendas relacionadas con elas, e ademais gústame moito o feito de que aparecen nas proximidades de fontes (tamén lugares máxicos). É que eu sonche un pouco peixe, encántame estar na auga. As nais son máxicas, teñen un don especial.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s