NAIS, ALTAS TORRES NO AR, VAGALUMES NAS TEBRAS

 

Aínda que falta tempo para o Día da nai, data tan comercial, eu sinto morriña dela estes días e por iso lle adico a ela e a todas as nais este poema de Antón Avilés de Taramancos:

Escuro, escuro, nai: no escuro alzo a miña torre no ar

desde o claustro húmido onde o agarimo abre a súa

            flor, e eu te amo.

O selo imperceptível do amor grava-se a fogo lento

            para sempre no escuro

onde a música do trasfondo do tempo eterno soa por

            única vez, e a víscera

entoa o seu cántico no escuro. A torre de vidro do teu

            sangue

brilla no escuro, brilla como a estrela central do

            universo e xira

suavemente arredor do meu pequeno corazón atobado

            no pracer

endexamais recuperado. No escuro, nai, tezo a efémera

            mapoula

e o sorriso permanente da vida a entrar mainiño no

            meu ser

-o teu interior de pan sacramentado alimenta á

            crisálida- no escuro,

no escuro canta o bosque, asubía o estorniño no escuro

            transferido,

e a escada das vértebras amadas ampára-me e transfi-

            gura-me en ti

voando desde a orixe das horas, e a campá do teu amor

            nos outeiros

entrañáveis acompasa o alento inicial, mentras o fío da

            túa carne

urde a brétema escura, a célula infinda da miña man

            aberta no futuro.

No escuro nai, mater amabilis, amantíssima mae, no

            escuro o teu amor de pedra firme

faro que brúa desesperadamente por salvar-me, vagalu-

            me na tebra

na semente da saudade total que se abre na garganta e a

            coluna do espanto.

A árvore do amor, a árvore vermella do amor rompe a

            súa áncora de ouro

e todo leva á desembocadura do teu corpo onde a fenda

            de luz ondea nos cómaros do día.

O escuro resplendor, a alba brancura, nai: O íris abre a

            súa tornicela

E o ollo espreita a luz da túa man, entorno preferido, a

            túa man sen límite ou nave arborizada de ternura

e o barro frenético cantando nas torres da alborada.

Alta torre no ar.

 

As torres no ar, Antón Avilés de Taramancos

Advertisements

2 thoughts on “NAIS, ALTAS TORRES NO AR, VAGALUMES NAS TEBRAS

  1. Coma todos os poemas, canto máis se le, máis matices se descobren. Pero emociona, claro que emociona. A tenrura das nais. Dos recordos, as caricias que me daba cando estaba enferma e como me reconfortaban, sentíame segura coas súas caricias. Agora falta un poema para os pais, porque cando son bos, tamén son moi especiais. Eles aportan a serenidade. Hei buscar, e senón a inventar….

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s