AS ILLAS

Acolá están as illas. Paso a man polo lombo do vento

que mas deu coma un can no monte da perdiz

agardo que se ergan e voen sobre a mar.

Herba aquí ou acolá, Álvaro Cunqueiro

Buscaba poemas de amor, e polo medio xurdiu este poema de Álvaro Cunqueiro. E lembrei as persoas que hoxe estabamos na sucursal bancaria. Uns estaban preocupados  polo tema das fusións: os empregados, a incertidume do que será a semana que vén, trastocaranse as súas vidas a mercé da crise? E a pobriña da avoa, toda a vida a traballar e aforrar, que quería que o banco seguise a ser o mesmo, que a ver por que ía cambiar. E a muller que a piques dos corenta e cinco ía pedir un préstamo para arranxar a casiña dos avós, a quen se lle ocorre nestes tempos cos soldos á baixa, ilusa! E os mariñeiros a sacar cartos… Cantas illas! 

E xusto me cadra que estou a ler Ninguén de Fran Alonso, e o seu libro está poboado de illas.

Voaremos sobre o mar, o mar da incertidume e do antollo do meigo destino, nunha treboada que a saber onde nos deixará caer e como!

Advertisements

2 thoughts on “AS ILLAS

    • Agora que releo o parágrafo e teño en conta a túa interpretación, decátome de que estás no certo. Admite as dúas posibilidades. Así que logo, quedemos coa boa. 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s