MELLICA MEHRABAN

Dando unha volta polas fotografías premiadas este ano pola World Press Photo, a través dos diferentes xornais, topeime con este rostro, e xa sabedes da miña especial debilidade polas imaxes de rostros, que acostuman ser moi expresivas. Pois ben, a foto encántame, e, de todas,  é a que irradia un  pouco de luz, pois as outras son aterradoras, estupendas e marabillosas, mais insisto, aterradoras. Dende a premiada, a do español Samuel Aranda, unha Piedade moderna, se é que hai algo de moderno na Piedade ata a de Pionyang (que inevitablemente me lembrou a novela gráfica homónima, do francés Guy Delisle) todas amosan o lado máis incivilizado e patético da vida das xentes que habitan hoxe a terra. E a foto da actriz danesa de orixe iraniana constitúe a máis positiva de todas, na que quizais enxergue algo de esperanza.

Pode ser que estea mirando o mar e as ondas se reflictan nos seus guechos ondulados sobre a faciana. Percorréndoa como ríos.

Non obstante, se vos digo a verdade, a sorpresa xurdiu no momento en que procurando información sobre ela, atopei na súa páxina estas imaxes: 

http://www.mellica.com/

Mellica Mehraban Actress

Ao mirala esquecede que semella a Barbi, centrade a atención na súa ollada no brillo, na profundidade, no escintileo da mesma, resulta fascinante. Ben, fascinante fascinante… na primeira, na gañadora do premio… Se eu fose Mellica, tentaría poñer a primeira como cabeceira do meu sitio web, e olvidaría loiros cabelos. O negro séntalle mellor.

Advertisements

2 thoughts on “MELLICA MEHRABAN

  1. penso q é máis ben calidade do fotógrafo; na primeira, o autor é moi bo, e consegue expresar moitas emocións (un rostro duro e á vez, cálido, entrañable; a dureza do negro e a calidez da ollada, algo hai que impacta…
    tentei inserir nos artigos reprodutores de audio, hoxe botei horas, e nada, misión imposible, desisto, así que non vou poder axudarche…
    mentres estean as palabras, non si? e as nosas imaxes… pois perfecto….

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s