A CONQUISTA DUN CONTINENTE NOMEADO AMOR

 Calida e paseniñamente as nosas naves arribaron á enseada dos beijos. Adentrámonos na foz do continente Amor. Na que fica máis ao norte, no esteiro localizado xusto na entrada natural, a da Paixao. Á nosa dereita enxergabamos o cumio do Prazer e máis á esquerda a cadea montañosa Desejos, cos seus vales poboados de Sonhos. Iniciamos o percorrido cara ao sur, a conquista da zona fría constituía un reto difícil. Pero achegándonos e bordeando a costa da Persistencia, logo de xornadas de Affectos e de Amor, todo era posible. Habiamos superar Saudades, Rancores, Mágoas… e así chantariamos a nos bandeira na Punta do Odio, e bautizariámola cun novo nome, A punta do Bico. Lonxe estarían a Ilha do desprezo, a Separaçao e o Desdén. Aquela Ilha do Desprezo non era para nós. Os amantes aventureiros selariamos a nosa alianza na Punta do Bico, por sempre e para sempre.

E isto non é un Sonho.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s