SOLPOR DESDE O COCHE

(Imaxe tomada do blog http://locosporelmonte.blogspot.com/)

De volta ao Morrazo, logo duns días nas terras da chaira luguesa. E o solpor tenta darme esa calor que tanto preciso nese intre. Vou conducindo e non podo parar a fotografar toda a luz que inunda a paisaxe, por iso busco na nube, e atopo algo semellante ao que vin. É difícil traducir o que sentín, pero había tempo que o regreso a esta península non me transmitía a pracidez que hoxe experimentei. Quizais, xa a viña sentindo ao longo das tres horas de percorrido atravesando Chantada, Ourense (as terras de Otero aló ao fondo), Ribadavia, deixando Melgaço a un lado… e así chegamos ao sur. E as Cíes, e de novo lembrei a dona que mira por min todos os días, tumbada serenamente no Atlántico, a Illa, a Ons.  E foi así como comecei hoxe a sentirme un pouco de aquí. Un pouco de aquí e un pouco de alí, e lembrei a película Un lugar en el mundo. Cal será realmente o meu lugar? Cal será a xeografía do meu corazón? Da miña identidade? Son tantas! 

La moraleja de esta historia es que cada persona debe encontrar su propio lugar en el mundo, donde pueda ser feliz y a la vez ayudar a los demás a realizarse como seres humanos. (http://peliculasesen.blogspot.com/2011/04/un-lugar-en-el-mundo.html)

2 opinións sobre “SOLPOR DESDE O COCHE

  1. Non te preocupes, que a comandancia xa nos ten ben controlados a todos. E ademais, co murete medianeiro que puxeron no corredor do Morrazo, non hai maneira nin de escapar nin de parar. De todos os xeitos, agora que xa empeza a vir o sol e xa imos cara á primavera, hei sacar fotos desde Cabo Udra, ou desde Cabo Home… e xa verás que paisaxes máis bonitiñas. Unha aperta para 007. E graciñas por achegarte a este recuncho dos Filispines.

Deixa unha resposta a filispines Cancelar a resposta