OS SETE MUÍÑOS DO RÍO FORXA e O MUÍÑO DE FAUSTO

Coa primavera chamando á porta antes de tempo, a fin de semana suxería camiñar á beira dun río. O río Forxa, que baña terras de Guitiriz representaba a mellor opción. E foi dese xeito como iniciamos a paseata. Comprobamos que a seca é seria, haivos moita seca! Unha muxica e todo prende lume nun abrir e pechar de ollos. A finais de febreiro hai menos auga que no mes de agosto. Pois ben, resultou moi agradable camiñar escoitando o cantaruxar das augas, o renxido das follas, os grilos temperáns… e volver visitar os vellos muíños e cruzar as vellas pontes, auténticas xoias da enxeñería popular aínda en pé no tempo en que visitamos pirámides e catedrais. 

Fálovos disto porque pasear á beira do río, no medio dunha natureza de conto e de lenda, converteu o noso sábado nunha xornada especial.

A foto que acompaña a entrada é do muíño de Fausto, nas terras canguesas de Coiro, e que está ben mellor conservado cós do río Forxa. Tamén é certo que na zona de Coiro, onde antigamente funcionaban moitos muíños, este é o que mellor se atopa, sendo coidado con especial agarimo polas xentes da asociación Cacarexo.

Outra volta falareivos das terras de Coiro, onde axustizaron a María Soliño, e que son posuidoras dun meigallo moi moi especial.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s