O COCHE DA MIÑA INFANCIA

http://www.taringa.net/posts/imagenes/1891365/100-anos-de-publicidad-espanola-_megapost_.html

Moitos emigrantes iniciaron o camiño a Europa en tren. Os que se dirixían a Suíza facían un longo percorrido. Meus pais chegaron xuntos por primeira vez no ano 1963. Recorda daquela viaxe miña nai, a parada en Milán. Na casa aínda se conservan as vellas maletas nas que poucas cousas cabían e que mundo tan grande ía dentro delas. A ilusión dun mundo mellor. Dunha nova vida. Traballar a cambio dunha mellora. Logo, pasados dous anos volveron, desta volta nun Opel, o mesmo que tres anos despois nos traería a todos nun retorno definitivo. Que fácil é lembralo agora, mais no seu momento, que morriña! Miña nai non aguantou máis. Os pais, a terra, o que é de un… 

Anos despois sentín a necesidade imperiosa de ver onde nacera, onde comezara a dar os meus primeiros pasos. Foron un retorno e un reencontro tinxidos dunha certa melancolía, mais necesitaba palpar esa parte do meu pasado. 

Advertisements

3 thoughts on “O COCHE DA MIÑA INFANCIA

  1. Que raro ese sentimento humano de apego aos lugares -mesmo aos q non lembramos, aínda q sabemos q estivemos neles- e ás casas, como fogares nos que queda algo noso, as nosas pisadas, os nosos soños… si, son unha sentimental e unha romántica!

  2. eu creo que todos os coches que viñan conducidos por emigrantes eran de segunda man. Á miña casa volvía todos os anos un mercedes diferente, no mes de agosto; era de segunda e pouco máis duraba ca o viaxe. Claro que, para a pequena aldea, onde ninguén, ou case ninguén tiña coche cando eu era pequena, aquel mercedes era todo un distintivo de mellora de vida.

    creo que eu tamén iría ver a casa onde nacín… -somos unhas románticas…!

  3. Logo de ler o artigo, non pensedes que o Opel era o Mercedes fachendoso co que viñan a dicir, nós trunfamos. Para nada. O noso Opel era de segunda man, e ata lembro que cando chegamos de Suíza, a porta traseira non abría. Servía, pero non para fachendear.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s