AMIGOS PARA SEMPRE

Xuntanza de verán, época propicia para as reunións sen présas, sen os axitados ritmos que nos marca o día a día do inverno. Unha desas escasas ocasións de entrañables e cálidos encontros, onde non hai que dar explicacións polas ausencias, cando é estar por estar, coa lixeireza e a dozura de acudir porque simplemente apetece ver aos vellos amigos, charlar un pouco, e deixar que esa imaxe, ese recordo permanezan sempre na rexión do corazón chamada amistade.

É unha das fotos do meu arquivo que máis me gustan. Os vellos amigos que despois de camiños diversos deciden xuntarse para comer e pasar unha tarde agradable, como se todo permanecese igual, con esa tranquilidade do xa coñecido.

Espero que se repita. A amistade é un valor a mimar, por estes máxicos momentos xa merece a pena. Fixádevos nos seus rostros, están serenamente felices, non si?

(Espero que os fotografados non me “caneen” por telos “colgado” en internet, pero penso que a instantánea merece ser ensinada)
Advertisements

2 thoughts on “AMIGOS PARA SEMPRE

  1. relaxados sí que se lles ve,
    e despois de ler o que escribes, miro a imaxe e éncheseme o peito dunha emoción morna.
    sí, hai momentos na vida que son para gardar, para envolver e desenvolver e ensinar.
    porque a alguén se lle encherá o peito dunha emoción morna.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s