TRAXEDIA SIRIA, TRAXEDIA DA HUMANIDADE

Shooting vs shooting, do grego Nikos Megrelis

Este documental proxectouse en octubre no marco do festival Amal (Euroarab filmfestival) en Santiago. O seu visionado resultou duro, moi duro. E ao final contamos os alí reunidos, coa visita do irmán de José Couso. As súas declaracións fixeron tremer. 

Na reseña do “libreto” que editan recopilando as películas participantes, ponse o seguinte: 

“Este documental  conta a historia dramática de varios xornalistas que perderon a vida en Bagdad, intentando transmitir libremente a verdade á opinión pública. Revélanse testemuños do absurdo da guerra, das responsabilidades dos gobernos e dos exércitos e da atrocidade dos fanáticos cegos”. 

Deixo o enlace a youtube para ver un fragmento do mesmo.

E isto ten que ver con Siria, porque alí está sucedendo un masacre que semella non ter fin. As revoltas remataron axiña en Exipto, Túnez… xa non tan pronto no Líbano… e agora queda Siria, por que queda? Interesa que o ditador siga no poder.  Por iso asasinan xornalistas que tentan transmitir a verdade do que alí sucede, aínda correndo o risco ou selando a súa pena de morte.

Neste artigo tento homenaxear a todos eses mártires da información libre. 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s