AIRA NO SOLPOR

 

Paseando polos arredores de Bonxe, un día tomei esta instantánea. Sorprendeume cando a vin por primeira vez. Alí, empolincada no pequeno outeiro. Anos e anos a mallar nela. As súas laxes, os seus dominios ben delimitados. Eu chegaba da cidade e nunca vira unha aira. Unha aira, a eira, fermosa palabra. Homes co mallo a traballar sobre o seu seixo. Permaneceu nesta imaxe, porque logo do solpor desapareceu. Desapareceu como tantos elementos do noso patrimonio. Pasear e pasar ao seu carón foi todo un luxo durante meses, feitizo que se estragou cando dispuxeron criar coellos e sobre dela edificar un criadoiro. Cada un no seu fai e desfai, certo. Pero fronte á ignorancia, mellor que medre a hedra, que non se vexa, que pase a formar parte do humus.

Por iso o solpor. Solpor do momento da instantánea. Solpor da aira.

Advertisements

2 thoughts on “AIRA NO SOLPOR

  1. Co teu comentario veño de decatarme da bonita cor do solpor por entre as árbores, ese especial gusto estético que posúe a natureza, como se tamizan as cores das árbores, do sol, e como contrasta a da pedra. É certo que os solpor intuído e axexante está ben chulo.
    A aira non existe, os valados van caendo, os tellados das vellas casas afundíndose, e veñen outros tempos, haberá que buscar o que de fermoso traen, para non ancorarnos con morriña nese pasado tan entrañable.

  2. que íntimo ese solpor agochado entre as árbores. (parece que o solpor e o amañecer pide ceos despexados e abertos para contemplalo sen estorbos á vista)
    a mín gústanme eses amañeceres e solpores das aldeas do medio, cos horizontes tan perto que non hai perspectiva, só esa luz que presaxia.
    sinto que xa non exista a eira… como tampouco para o que servía. o noso pasado que durme nos museos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s