AMIGAS PARA SEMPRE

Artigo adicado a todas as colegas traballadoras, que aínda saben sorrir.

8 de marzo. Día da muller traballadora.

Había que escribir a versión feminina dun antigo post. E matinando, matinando… dei coa imaxe. Polo azar, polas redes que tende o destino, ás veces sucede que se encrucillan camiños. Os nosos xa hai ben tempo que se xuntaron.

Finais dos noventa (aínda non rematara o século XX, non si?). Unha cidade: Lugo.

Gustabamos de saír pola noite a observar o mundanal ruído, coñecer xentes, vidas. Ademais, eramos e continuamos a ser boas na difícil arte de filosofar. Valorabamos e valoramos a amistade, iso que quede por riba de todo. E así foi medrando a unión do cuarteto que figura na imaxe. E funcionou. Nin as difíciles circunstancias foron atrancos. Reunímonos como mínimo unha vez ao ano. A cidade xa non é Lugo. É onde cadra. Pero nós seguimos a ser as mesmas. O mesmo optimismo e a mesma ansia por sobrevivir.

Canto temos rido e chorado, e diso xa van anos!

PD I: Se o texto ou a imaxe prexudican seriamente a saúde, póñanse en contacto comigo e eliminaremos a foto do post. Mais, non cren que é unha instantánea estupenda?

PD II: O artigo foi escrito baixo a presión da música de UFO. O descubrimento do día. Os cuartetos sempre funcionaron de marabilla, e senón que llo digan aos Led Zeppelin, aos UFO, aos Rolling…. e un longo etc…


Advertisements

6 thoughts on “AMIGAS PARA SEMPRE

    • É que cada xuntanza é motivo de felicidade e festa. O reencontro sempre resulta marabilloso. Sempre cheas de ilusión por volver vernos e estar xuntas, saltar a cotidianeidade das nosas vidas, e facer unha “digresión” vital, saír un pouco do guión preestablecido. Saúdos.

  1. Dúas matizacións:
    Seguimos a ser as mesmas? ???? Seguimos sendo as catro, seguimos queréndonos, pero as mesmas coa vida,,,, hai xa teño interrogantes.
    E UFO, desculpen a miña ignorancia de heavy aprendiza, non son catro, que son cinco. Seguirei estudando, para que os mestres me poñan boa nota, cando menos “progresa adecuadamente”.

  2. A foto está feita na Chavasqueira, en Ourense, logo dunha xornada termal. Aínda quedaban as tapiñas da noite. Que ben o pasamos! Que sorte temos de ser capaces de pasalo ben, coa de xente que o único que sabe é pasalo mal (os que están a fastidiar, os que din que se aburren…)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s