JOSÉ ÁNGEL VALENTE

Cuello
 
La blanca anatomía de tu cuello.
 
Subí a la transparencia.
                                    Tallo
de soberana luz,
                           tu cuello.
 
Podría estar exento,
ser sólo así en la naturaleza,
tallo de una cabeza no existente.
 
Cuello.
            Tallo de luz.
                                   Exento.
Para inventar de nuevo tu mirada
y tu realidad.
 
Para soñar de nuevo el mismo sueño.
 
Mandorla, José Ángel Valente
 
Que a persoa amada perda a cabeza, para ter que atopala de novo. Que fermoso. Reiniciar constantemente o amor. Co fermosos que son os primeiros momentos, merece a pena soñar de novo o mesmo soño. Volver sentir a sorpresa dunha ollada… esa ollada coa que nos namoraron… que fermoso sería. SOÑAR SEMPRE OS MESMOS SOÑOS, TER SEMPRE ESA REFERENCIA DOS SOÑOS.
Advertisements

2 thoughts on “JOSÉ ÁNGEL VALENTE

  1. As miñas parellas tamén foron por etapas, e realmente os meses de “loucura de amor” enganchan, son “chutes” como dis ti. A algún escritor (penso que a Cesare Pavese) lle teño lido unha cita que viña a dicir que sufrir por ter sido feliz nalgún momento, merecía a pena. E estou de acordo. Collo as túas verbas, pero ao revés “molan tanto” (os instantes de febril levidade, ben non sei expresalo moi ben, espero q me entendas)
    Confeso q aínda estou descubrindo agora a Valente, grazas ao Círculo de Lectores. Mercara un libro del e aínda non o lera. E agora comecei. E gústame.
    Saúdos.

  2. Non lembro a quen lle escoitei que pagaba a pena vivir un amor cotiá sin moito aliciente, só por eses destellos de enamoramento que lembraban aquel primeiro e grande polo cal quedamos enganchados….

    [eu non tiven unha parella que madurou á miña beira, tiven parellas por etapas. Os dias semanas meses nos que estás a namorar liberas tantas endorfinas que é o máis parecido á felicidade, por iso engancha tanto, que unha sempre quere a volver ter chutes deses… claro que despois veñen os desencantos e frustracións, que xa non molan tanto.]

    grande Valente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s