A TODO FILISPÍN

Estamos no tempo en que os bulbos comezan a florecer, polo menos na casa de Bonxe xa temos narcisos. E os xacintos agromando. 

Pero hoxe non vos vou valar de flores, iso queda para outro artigo. Vouvos explicar a orixe do antropónimo do blog.

O nome deste blog xurdiu a raíz do uso da expresión “a todo filispín”, da que tiven noticia a través dun amigo que traballara en Ferrol e, nunha desas xuntanzas festivas, estivemos a falar do galego especial que se empregaba naquelas terras. A partir desas, demos en usar moito, na casa,  a expresión, tanto que ata lle chamamos “Filispín” a un can que apareceu perdido no monte, e que por certo moito de “filispín” non tiña, porque era un pachorras de moito coidado. Pero queríamoslle, ata que un día decidiu saír coñecer mundo, algo así coma o Principiño, e non volvemos saber máis del. Ben, o caso (e volvo ao tema que me ocupa, que logo parezo Cunqueiro, xa me gustaría!) é que cando tiven que pórlle o nome ao blog foi na época en que na casa estaba de moda a antedita expresión, e como eu teño un pouco de filispina, coa cabesiña sempre a bulir, a andar a todo filispín, pois escollín este nome. E xa vai para uns cantos anos.

Logo, viñen dar ao Morrazo e entereime de que aquí “fan gasolina”, expresión que penso vén do italiano, pois en dito idioma dise “facere la benzina”. E posiblemente houbese relacións comerciais cos italianos vía marítima? Ben isto é un filosofar persoal.

E a semana pasada cando atopei na rede o blog http://olgalalin.wordpress.com/2011/12/01/a-todo-filispin/ levei tremenda sorpresa, pois nel aparece un moi recomendable traballo sobre o galinglish, de onde vén a expresión “a todo filispín”. Se tedes uns minutos, visitádeo, merece a pena.

Advertisements

2 thoughts on “A TODO FILISPÍN

  1. non sei como sabía eu isto do filispin, pero fíxome moita gracia o diccionario do blog que enlazas, (ainda que non vin todo)
    recórdame algunhas expresións dos emigrantes da miña familia…!

    🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s