MARZO

A Lúa, Xúpiter e Venus aliñados. Así comeza este ano o mes de marzo. Con composicións especiais, predicións arrepiantes e elevadas temperaturas. Como á beira da Apocalipse.

Mais salvando excepcións, tal vez este ano algo adiantada ao seu tempo,  

a natureza como en cada ciclo, comeza a espertar.

O marmeleiro mostra fachendoso os seus primeiros gromos. A avelaneira, de máis tímido renacer, permítenos olladas caleidoscópicas alén das súas pólas labirínticas. O sol mañanceiro cóase pola xanela acompañado de píos algareiros.

A primavera está a chegar, mentres tanto quédannos as gratificantes tarefas nos nosos obradoiros de xardineiro para disfrutala novamente. E confirmar as verbas do poeta:

 

Marzo, sabor a seiva, sabor a estrela fría!

(…)

Entre o incendio frío e a seda azul do vento,

marzo de ardente gume onde a sombra do inverno

morre extasiada, vencida polo fogo dos días.

 

“Marzo”, Poemas da lenta nudez, Miguel Anxo Fernán-Vello

Advertisements

2 thoughts on “MARZO

  1. É para estalo. O milagre da vida, non si? E claro que somos privilexiados, por poder vivilo e por poder sentilo. Agora toca “imaxes e cores da primavera”, vaimo pór máis fácil ca o outono e ca novembro. 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s