BESTIARIO: PINCHORRA MARIBEL

Na foto amósovos unha imaxe da pinchorra Maribel que un día apareceu pola casa de Pinipón en Bonxe. Pasaron moitas salamántigas por dita morada, así como cans, ourizos, merlos, paporrubios, xabaríns… e ata canguiños. Quen sabe a de bichos que por ali fixeron parada. O caso é que Maribel tiña unha fachenda sen igual e foi obxecto da ollada dos prezados paparazzis da casa.

Maribel foi especial. Deixouse retratar. Non cuspiu, non mordeu, non empezoñou… o que si, deixou tatuadas todas as estancias da casa. Hai pinchorrras por todas partes. E abofé que no día en que paseou a súa esvelta figura, choveu. E choveron os días posteriores.

O seu bafo segue a iluminar os solpores en que a súa prole nos visita. O seu amarelo brillante sobre o negro alegra os nosos atardeceres e noites primaverais. Eu asócioa as treboadas, pois moitas veces, logo da tormenta, cando vén a calma, a familia pinchorra déixase ver, e resulta emocionante observalas coa súa tranquilidade e pachorra ás costas. Cuidamos de que nada as altere e poidan facer o seu percorrido sen apuros nin perigos.

Benvida, pinchorra!!

((PINCHORRA Píntega, salamántiga. É ben sabido que se trata dun animal velenoso, que se te morde, cospe, ou mesmo só co seu bafo ou aire prodúceche o mal da pezoña. Reprodúcese na pel a figura dunha pinchorra. Cóntase dun neno que perdeu a perna, pois puxo o zapato e dentro estaba unha pinchorra. Viven en ambientes húmidos, sen embargo, dan soportado vivas o lume. Cando medran, sáelles cuncha e transfórmanse en sapoconcho. Cando saen as píntegas ás estradas, é que vai chover.

Diccionario dos seres MÍTICOS GALEGOS, X.R.Cuba, Antonio Reigosa, Xosé Miranda))

Un bestiario (ou bestiarum vocabulum) é un compendio de bestas. Fixéronse moi populares durante a Idade Media en forma de volumes ilustrados que describían animais, plantas e ata rocas. A historia natural e a ilustración de cada unha destas bestas adoitábase acompañar cunha lección moralizante, reflectindo a crenza de que o mundo era literalmente a creación de Deus, e que xa que logo cada ser vivo tiña a súa función nel. Por exemplo, o pelícano, do que se cría que se abría o seu propio peito para dar vida ás súas polluelos co seu propio sangue, era, a través do seu sacrificio, unha viva representación de Xesucristo. O bestiario, xa que logo, é tamén unha referencia á linguaxe simbólica dos animais na guapa literatura e a arte cristiáns de occidente.
http://es.wikipedia.org/wiki/Bestiario


Advertisements

4 thoughts on “BESTIARIO: PINCHORRA MARIBEL

  1. a min tanto medo me meteron de pequena coas píntigas, que ainda que agora sei o animal bo para todo que é, non lle dou perdido ese aquel que lle teño…
    pero hai moito que non vexo unha.
    moito, si.
    eló … xa non haberá píntigas na miña childhood land?

    • Esta temporada coa seca, andan escasas, téñenlle medo ao sol, a ese sol que levan tatuado na súa pel! Pobriñas, non chove nada, nin para elas, nin para nós. Saúdos.

  2. Os canguiños son algo así como os biosbardos. Cando eramos pequenos, meu avó sempre nos preguntaba ou dicía: “Esta noite imos buscar canguiños. Levamos un saco e….” E acordáronseme, ao mellor tamén os hai por Bonxe. Terei que saír pola noite a buscar canguiños. Ou se cadra en Bueu tamén os atopo (paso a semana en Bueu e a finde na Chaira).
    Graciñas pola publicidade. Visitei o blog da túa pequena e tenme moi boa pinta. A “interface” (lle chaman así ao aspecto xeral, non?) é preciosa.
    Ben, cando chegue a primavera, aí polo mes de maio, hai que saír aos canguiños, vale?
    🙂

  3. “…e ata canguiños”.
    Que son “canguiños”? (Desculpa a comodidade. Supoño que podería buscalo, pero téndote a ti á man…)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s