CRÁTER

Na imaxe hai unha rede de pólas, cruzándose unhas coas outras. É unha paisaxe nevada, non xeada, como a que acolleu á voz lírica do poema que segue, pero igualmente fría e con encrucilladas.

O meu xenoma é unha rede de estradas secundarias
que incomunican a montaña ó val.

O día que eu nacín non había ningún gran sinal
xeaba
e a herba deixábase rumiar no estómago do frío.

Todo durmía o seu ser tranquilo.

Algún astro morría tres mil anos antes
pero a ti nin sequera che doeu o ventre
para dar unha luz en movemento
naquel auto humilde do veciño
fugaz coma unha estrela a trinta quilómetros por hora
máis fermoso
cá Victoria de Samotracia.

Cráter, Olga Novo

Por fin chega un novo poemario desta grande poeta galega. Unha voz moi persoal no panorama da poesía galega actual.

Aínda non o lin, pero confeso que devezo por achegarme a el, e mais lendo o poema que recollín dunha páxina de internet (http://www.elcultural.es/blogs/Rima_interna/Olga_Novo_

escucha_las_voces_de_la_diosa_campesina/22), que por certo (o artigo) non ten desperdicio, está ben.

Haberá que ir dando conta neste espazo. E ofrecendo as imaxes persoais que nos suxira.

E sempre á espera de poder alegrar os nosos oídos co seu recitado, se tedes ocasión, é especial escoitala. Algo parecido a escoitar o benquerido e ben recordado Uxío Novoneyra.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s