PRIMAVERA

Vine a ver florecer los cerezos,

yazgo bajo las ramas en flor

y duermo.

BUSON

A primavera chama ás nosas portas. As prímulas xa florecen e fachendean nos nosos xardíns. O banco do xardineiro espera, nos solpores do inverno -este ano ben soleados- a que acouguemos logo dunha semana chea de trafegos e trasegos. Descansarán os nosos corpos serenamente ao abeiro dos bulbos en flor, dos tenros xacintos, dos xoviais narcisos, dos iris violáceos e das últimas camelias. Os nosos pensamentos voarán na procura de paraxes imaxinarias.

E como di o haiku viremos ver florecer a terra, xaceremos ao pé das árbores, e durmiremos, e soñaremos, porque os soños constituirán o zume que nos manteña vivos. E entón saberemos que a primavera está ao noso carón, corpo a corpo.

Sempre na espiral do tempo que vai e vén.

Advertisements

2 thoughts on “PRIMAVERA

  1. É que nese lugar é onde teño a calma. Irse para a Chaira, é irse ao paraíso. Debe ser un dos poucos lugares onde consigo o sosego total. Tamén é certo que é alí onde teño a compañía que me falta o resto da semana, e a liberdade. Pola semana vivo nun piso pequeniño, e eu son de aldea (aínda que urbanita de nacemento, de aldea de alma), e de estar ao aire libre, de ver as árbores, sentir os bichiños… E en Bueu, como moito sinto veciños e gaivotas. E estou soa (ou case, porque estou coa familia “bichiños”)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s