PETO

Imaxes tiradas do sitio web http://www.rios-galegos.com/ave1920.htm

O PETO

A propiedade do peto é que co seu peteiro escava as árbores, e unha vez que ten feito un gran burato, fai dentro o seu niño. Entón se alguén lle tapona o burato con leña ou pedras, el mesmo vai inmediatamente e trae unha herba e con esta herba toca aquilo que está obstruído e ao momento o levanta. E pode, xa que logo, volver ao seu propio niño.

Hai que reducir esta propiedade a un símbolo: se algún demo che atoase o niño, isto é, o camiño que leva á patria celestial, amósoche o camiño para volver cara á gloria celestial ou cara á propia patria cunha herba, é dicir, coa virtude e con boas obras, coas que se liberará aquilo que está obstruído, é dicir, todo impedimento  que che impide regresar á túa propia patria: pois a nosa patria é a gloria eterna, tal como dixo Boecio: “Mostrareiche o camiño por onde poderás volver á túa patria”, etcétera.

LIBELLUS DE NATURA ANIMALIUM. Libriño sobre a natureza dos animais, Tradución de Raúl Gómez Pato, Ed. Positivas

Sempre sentín curiosidade por saber o que eran os bestiarios. Co tempo fun atopando bos exemplos. Un deles é esta tradución de Raúl Gómez Pato. 

Os animais serven para simbolizar actitudes, virtudes, vicios… E para ollar neles bos exemplos de como actuar. Son sabios e debemos telos moito máis en conta do que os temos. E senón, ollade, se tomaramos o exemplo do peto, non nos amedrentariamos, salvariamos obstáculos, eses muros que hoxendía non  somos quen de saltar. Fáltanos ese sentido común, innato, que posúen os seres da natureza. O ser humano xa non pertence ao cosmos, ou máis ben, nunca pertenceu. Pero se nalgún tempo careceu de sentido común, é este século XXI un bo exemplo. 

Das imaxes que escollín, paréceme especialmente entrañable a segunda, o peto coa cabeciña asomando polo niño. Téñoos visto voar aló pola chaira luguesa. Ao principio, non os distinguía ben. Mais é ben sinxelo, o seu voo semella o dun parrulo, e a súa plumaxe de vivas cores, con ese dorso (ou peto, que non sei ben, eu só son quen de observalo cando voa) gordecho e ancho, amarelado, as cores brillantes do pavo real. De simpático voo, xoguetón, un pouco trasno.

É un dos habitantes do noso medio rural, e para demostralo, esta composición popular que testemuña o seu protagonismo, e que foi tomada desa páxina encantada, chamada http://www.galiciaencantada.com: 

—Pico*, pico, Mazarico,
quen che deu tamaño pico?
—Deume Deus este traballo
pra picar neste carballo.
Piquei e repiquei, 
sete graus de millo encontrei.
E leveinos ó mercado
pra comprar un cocho cebado;
e leveinos ó muín,
i o muín a moer
e os ratiños a comer;
i agarreirnos polas orellas
e tireinos entre as ovellas;
i agarreirnos polo rabo
e tireinos contra aquel cabo.
Caba, cabo cabanón,
mamache nun cagallón.
Advertisements

7 thoughts on “PETO

  1. gustoume moitísimo este post!
    sempre me sentín atraída polos paxaros (no seu medio, non en xaulas) inda que non me gusta telos na man nin tocarlles… ese corpiño miudo debaixo das plumas… eses ollos … esas patiñas… non, non… eu o que quero é velos cantando nas ponlas, collendo herbiñas para facer os niños, e picando vermes

  2. Eu, que de pequeno me dediquei a buscar e sacar niños, coma todos os nenos labregos (ou iso quero pensar), nunca me atrevín a esgarabellar nos niños dos petos porque me dicían que dentro podía haber cobras.

    • Penso que non é o martín pescador, pero xa investigarei. E as imaxes, non son eu a autora, collinas do blog que anoto a pé de foto, xa me gustaría, pois os petos son difíciles de fotografar, e máis para min , que non son fotógrafa. pero a ver se me permiten manter as fotos durante unha temporada . Apertas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s