NUBES

Wislawa Szymborska chega ás miñas mans no mes de decembro. Curioseando nunha librería en Santiago as novidades, nunha mañá de lecer, atopo a edición en galego da poesía desta Premio Nóbel, versos escollidos (Ed. Positivas), traducidos por Lucía Caeiro.

Gústame a sinxeleza e á vez profundidade dos seus poemas. Irónicos, contundentes. De áxil lectura, cheos de matices. 

Onte o poema “Nada de seu” levoume aos hipotecados, que somos todos, aínda que non esteamos hipotecados, que si que o estamos. Hoxe vou máis lonxe. Da man dos versos da nobel polaca vou ata as nubes. 

Leo o seu poema “As nubes” e lembro as figuras que con frecuencia intúo na masa de cristais de neve ou gotas de auga. Con frecuencia as súas formas fanme pensar en animais. Podo ver un elefante, a cabeza dun cabalo, un oso… Son maioritarias as formas animais.  Non obstante, tamén vexo rostros con guedellas revoltas polo vento, coma de deuses enfurecidos. Gústame adiviñar formas no ceo azul. Quen non intuíu imaxes tras eses xigantes altivos!  Adiviño, fito, enxergo, imaxino… mais, curioso, nunca ou case nunca me dá por fotografalas. Terei que valorar esa posibilidade.

AS NUBES

 

Coa descrición das nubes

debería apurar moito,

despois dun anaco dun instante xa

deixan de ser esas, comezan a ser outras.

 

A súa particularidade é 

non repetirse nunca

en formas, matices, posturas e disposición.

 

Sen carga ningunha na memoria

elévanse sen dificultade por riba dos feitos.

 

De que van a ser testemuñas se

deseguida se dispersan en todas direccións.

 

En comparación coas nubes

a vida semella consolidada,

case que firme e practicamente eterna.

 

Ao carón das nubes

incluso unha pedra semella un irmán

no que se pode confiar

e elas, que, curmás distantes e frívolas.

 

Que exista a xente, se quere,

e despois por quendas que cada un deles morra,

mentres ás nubes nada 

lles importa

nin estraña.

 

Sobre toda a Túa vida

e a miña, aínda non enteira,

desfilan con esplendor, como desfilaban.

 

Non teñen a obriga de canda nós morrer.

Non teñen que ser vistas para correr.

 

Wislawa Szymborska, Instante, 2002

Advertisements

2 thoughts on “NUBES

  1. tamén eu hai uns días estiven curioseando o libro, con gana de compralo, pero … fin de mes é fin de mes.
    Teño uns cuantos poemas fotocopiados, nada máis, e outra pouca cousa que atopei pola rede, pero gana de seguila descubrindo.

    • Eu o libro xa o teño desde decembro (coa paga extra, pq agora tamén me teño q privar moito de mercar libros), pero merece a pena facer un oco no peto para telo. Estouna descubrindo e cada día me gusta máis a súa poesía, e a súa personalidade! Foi xenial!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s