Prospecto de WISLAWA SZYMBORSKA

Voume para a terriña que é un prospecto en si mesma. É o paraíso onde está o meu lugar, onde me vou tumbar sobre a herba a ollar para as nubes, cos brazos debaixo da cabeza e ver pasar o ceo e o tempo.

Pero antes gustaríame deixar algo 

un prospecto especial

PROSPECTO

Son un tranquilizante.

Funciono na casa,

son eficaz na oficina,

séntome nos exames,

preséntome ante os tribunais,

con coidado pego as cuncas crebadas,

só tómame,

dilúeme baixo a lingua,

só trágame,

só tes que beber un pouco de auga.

 

Sei que facer coa desgraza,

como soportar unha mala nova,

diminuír a inxustiza,

iluminar a falta de Deus,

elixir un sombreiro de loito para unha cara.

A que agardas,

confía na compaixón química.

 

Es aínda novo (nova),

deberías asentar a cabeza dalgunha maneira.

Quen dixo

que a vida ten que ser valentemente vivida?

 

Entrégame o teu abismo,

cubrireino cun soño,

estarasme agradecido (agradecida)

por caer de pé.

 

Véndeme a túa alma.

Non se presentará outro comprador.

 

Outro demo xa non hai.

 

“Prospekt (Prospecto)”, Wszelki wypadek (Se acaso), Wislawa Szymborska, 1972, Positivas

Advertisements

4 thoughts on “Prospecto de WISLAWA SZYMBORSKA

  1. Coma sempre, a literatura e a cultura seguen a ser o agocho inmellorable para a soidade e as miserias da vida. E que nos quede a literatura, por favor!

  2. Es la historia de siempre y también
    en la que hay más enredaderas: una vez
    nos dieron la tierra, pero
    como nos dio la sensación de que no era
    sino otra forma de engañarnos y hacernos perder
    el tiempo entretejiendo
    la ilusión de que algún día
    íbamos a poder hacer algo con ella
    dejamos que se nos muriera.
    Sin llegar siquiera
    a ser un inútil consuelo nos queda
    la literatura como forma
    de tomarle el pulso a las miserias.

    Santiago Montobbio

    La literatura (con su prosa y verso) debe hacernos pensar, como los folletines de W. Szymborska.

    un abrazo
    🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s