TEMPO DE LECER EN BONXE E LUGO

  

Xa me tirei na herba e contemplei as nubes no seu decorrer a saber cara a onde. O domingo disfrutei do paseo polo monte cos meus incondicionais cans, Nemo e mami Reineta. Nos seus ires e vires, Mequiños disfruta da vida na aldea. Descubrín que Gato ten o seu carácter, marca territorio que mete medo! O Garfield veciño veu visitarnos con toda a súa amabilidade, pero Gato púxoo a andar, literal. Non pensedes que iso me gusta moito, porque a terra é de todos, non hai mandatos, pero cousas de gatos. 

Aquí no paraíso son feliz. 

Os paseos por Lugo tamén me devolven a tempos pasados e me ubican ademais nun novo presente e me ofrecen un posible futuro. 

Paseando as rúas fotografei recunchos.

E na casa de Bonxe, as flores, árbores xa andan a reclamarme os dereitos de autor.

Nas próximas xornadas teño pendente a visita á olería. Alí, falar con Pepa e ver como traballa é todo un luxo. Se queredes ver algo sobre o seu quefacer, ten un blog que veño de descubrir: http://pepabonxe.blogspot.com.es/p/museo.html

Así están sendo as vacacións de primavera. A todo filispín!

Advertisements

4 thoughts on “TEMPO DE LECER EN BONXE E LUGO

    • A saúde ben, pero xurdiu unha tarefa que me deu moito choio e impediume actualizar contidos. Pero na próxima semana prometo pórme ao día. Ademais teños novas fotos que mostrar… Apertas!

      • xa é tarde para desexar felices vacacións, pero parece que tiñan toda a pinta de selo!
        os meus dias festivos (foi festivo tamén o luns) deron para traballar, para pasear polo medio e medio da primavera, para comer beber e charlar. Algunhas risas, algúns suspiros… e tamén, moitas fotos e capturas de vídeo

      • As vacacións foron boas: descansei, tireime na herba (devecía tanto por facelo!), estiven na terriña e coa miña xente, e houbo de todo. Ao final, houbo algunha despedida, desas de para sempre… e bueno, quedou un sabor demasiado acre. Cousas da vida, como dicía o benquerido Castelao.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s