comic21

Como sigo escasa de tempo para escribir (agora que lle pillara o truco!), pois déixovos aquí unha nova que me chegou hoxe. A publicación dun libro para apoiar a causa dunha Asociación de Síndrome de Down, a de Valencia.

Trátase dunha iniciativa fermosa. Un día fixeron números e pensaron en como conseguir financiación e ocorréuselles este proxecto.

Por certo, o 21 de marzo, ademais de ser o Día Mundial da Poesía tamén foi o Día Mundial do Síndrome de Down. Poesía e Síndrome de Down xuntos, boa e acertada data. O comezo da primavera.

Se queredes saber máis: http://comic21.org

4 opinións sobre “comic21

  1. Pois a verdade é que pensei en Manuel, en vós. Eu teño na aula unha alumna, Iris, con síndrome de Down, e ao tentar atopar materiais para traballar con ela, atopo un tremendo baleiro, por iso me emocionou tanto a iniciativa. Agora só falta mercalo e lelo/velo. Somos todos diferentes e iguais a un tempo, só q aparentemente existe un grupo aparentemente homoxéneo q fai q as minorías se vexan como algo diferente, pero para nada. Un ten déficit de atención, outro hiperactividade, outro carencias afectivas, outro Síndrome de Down, outra é despistada e dispersa e desorganizada… hai tantos mundos no mesmo mundo, e niso é no q penso q hai q traballar. Se se pode axudar en algo….? Saúdos.

Deixar un comentario